Accede al Archivo

Proyectos

¿Quién manda aquí?

La Fundación Felipe González y Debate editan un libro prologado por Felipe González en el que doce expertos reflexionan sobre la crisis que viven los modelos de gobernanza de las sociedades occidentales

En marzo de 2016, Felipe González asumiu a titularidade da Cátedra José Bonifacio, un programa académico da Universidade de São Paulo, por iniciativa do Centro Iberoamericano (CIBA). O obxectivo deste programa académico de charlas, presentacións e preparación de documentos é reforzar as «relacións iberoamericanas» coa axuda de personalidades do mundo da cultura, a economía e a política, e foi dirixida con anterioridade por Nélida Piñón, Ricardo Lagos ou Enrique Iglesias.

Neste marco, a Fundación Felipe González e Debate editaron ¿Quién manda aquí? (Quen manda aquí). Unha publicación que reúne ensaios de doce expertos sobre os catro «bloques» nos que se estrutura a cátedra: a efectividade do goberno, a crise dos parlamentos como institucións representativas, os conflitos entre o poder xudicial e os demais poderes do Estado, e os problemas que xera o proceso de globalización para a gobernanza democrática.

O modelo de gobernanza das sociedades occidentais está en crise. Os alicerces básicos que sostiñan as democracias representativas son cada vez máis cuestionados polos cidadáns que viven nelas. Moitos votantes senten que as súas preferencias non son suficientemente tidas en conta polos políticos, e ábrense paso formas alternativas de canalizar as demandas cidadás. Á súa vez, os gobernos quéixanse dos cada vez meirandes obstáculos e restricións ás que se enfrontan á hora de levar a cabo as súas políticas. E os principios fundacionais de división de poderes, gobernos de maioría e rendición de contas democrática vense erosionados.

Esta obra, que leva por subtítulo La crisis global de la democracia representativa (A crise global da democracia representativa), polo tanto, trata de achegar luz a estes problemas e ofrecer algunhas solucións. Organízase ao redor de catro cuestións básicas: que fai que os gobernos sexan hoxe percibidos como ineficaces?, por que lles custa aos parlamentos cumprir o seu papel representativo?, como entender a crecente conflitividade nas relacións entre poderes?, e en que medida a globalización afecta a viabilidade da democracia representativa como forma de goberno?

Os autores dos artigos deste libro son Felipe González, José Fernández-Albertos, Gerson Damiani, Víctor Lapuente Giné, Ignacio Molina, Roberto Gargarella, Rafael Jiménez Asensio, Berta Barbet, Juan Rodríguez Teruel, Kelly Komatsu Agyopan, Alberto Penadés e Wagner Pinheiro Pereira.

¿Quién manda aquí? La crisis global de la democracia representativa, foi presentado o 28 de marzo en Madrid, no Espazo Bertelsmann, nun acto público que contou con varios dos seus autores.

Consulta o dossier de prensa

Mercar o libro